Se queres organizar unha actividade deste tipo na túa asociación ou entidade, podes contactar con nós no apartado correspondente, e podemos facer unha planificación da actividade e mostrarvos como a impartiríamos, así como resolver calquera dúbida respecto á outras inquedanzas, como por exemplo, a facturación.

As nosas aulas prográmanse en función dos obxectivos que a asociación pretende de cara ao alumno, como pode ser una aula técnica, ou a preparación dun grupo de escenario. Traballamos con medios audiovisuais de apoio (os medios técnicos poñémolos nós), así como temos por costume entregar ao alumno, ademáis das tradicionais partituras, material de apoio como audios, videopartituras, etc.

Por outra banda, traballamos na programación de cursos de iniciación para adultos, de contidos pechados, que se foron modificando (e continúan evolucionando) coa experiencia adquirida durante anos e dándolle vital importancia á avaliación dos alumnos. Nestes cursos, tocaebailaengalego pon todo o material necesario (instrumentos, medios técnicos), son por tanto, cursos "chave en man". Trátase de que un alumno teña aceso a calquera das disciplinas impartidas de xeito económico, pero cun ensino de calidade, e aportando material e coñecementos que permitan ao alumno traballar na súa casa máis aló do que é a aula física, ou incorporarse a unha aula xa iniciada previamente.

Para resolver calquera dúbida sobre as nosas programacións ou máis información, deberedes poñervos en contacto con nós no apartado correspondente.

Avaliacións dos nosos cursos

No ano 2012 iniciamos un programa de avaliación dos nosos cursos de iniciación, e así, deste xeito, comprometémonos a poñer todas as avaliacións que os nosos alumnos fixeron ao remate dos mesmos.

Unha vez cursado por primeira vez, o alumno, se cre necesario reforzar algún dos contidos, pode repetir total ou parcialmente o curso cantas veces o desexe, de xeito gratuíto, e en calquera asociación que se organice*. Isto é posible xa que ao ser cursos de programación pechada, salvando as correspondentes actualizacións e melloras, o curso é o mesmo independentemente da aula ou asociación.

*REDE TBG. A entidade organizadora admite aos alumnos que desexen repetir o curso, gañando o dereito a que os seus propios alumnos fagan o mesmo no futuro. Ata o presente TODAS as entidades se acolleron a esta rede

    

Exemplo de material

Ups!! , ainda non demos feito este apartado, logo chegará!!